domingo, 14 de mayo de 2023

VISITA DE ANTONIO M. FRAGA AO LOPE

 

 Os alumnos de cuarto recomendamos ler :






          Fedora está farta de que o abusón do cole se meta con ela, así que decide asustalo contándolle que o seu pai é un caníbal. O Efebeí, un policía fóra de servizo por non facer nada ao dereito, inicia unha investigación pola súa conta sobre o suposto caníbal para tentar recuperar o prestixio perdido e poder reincorporarse ao traballo. A partir de aquí iníciase un atolado enredo que ten lugar durante a noite do Samaín.Unha novela disparatada, enxeñosa, macabra e tremendamente divertida.



En " Papá Caníbal " os seus personaxes son moi divertidos e a historia ...tamén! 

Ten dous finais e podes elixir ti . Un final macabro e... un final feitiño. 

Anímate a lelo e decide ti....






Aquí vos deixamos algúns momentos que compartimos co seu autor  cando veu a compartir un anaco do seu tempo con nós.