domingo, 16 de octubre de 2022



 "Houbo unha vez unha guerra. Despois da guerra, quedamos sen casa. -Non importa -dixo miña nai-. Temos un coche. Fomos vivir ao coche. Desde entón, vivir era viaxar."

                            Paula Carballeira. O principio. (Kalandraka, 2012)


 

          O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de    jeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas.

           Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

           A data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. 

          A VII Edición celébrase este ano 2022 o 17 de outubro baixo o lema:

 “Antes, durante e despois das guerras”

           “Un ano máis – avanza Ana Santos Aramburo, directora da BNE – recuperamos a palabra de mulleres escritoras que nos seus textos reflicten sentimentos, procuras e loitas. Mujeres valentes cuxa obra, en moitas ocasións, foi ignorada. Rescatar hoxe a súa voz é un acto de xustiza e recoñecemento cara a todas elas”. O lema deste ano, destaca, “é unha homenaxe ao papel fundamental que cumpriron en situacións de conflito bélico e axuda a reflexionar e contemplar con outros ollos unha situación de sufrimento, pero tamén de xenerosidade e compromiso”. 


 
  TEXTOS SELECCIONADOS POR CARMEN DOMINGO 

  SELECCIÓN DE TEXTOS DE ESCRITORAS GALEGAS (Colaboración de Pilar Sampredo, Anxos Rial e Xosé Mª Lores)