jueves, 21 de febrero de 2013

CANTANDO A ROSALIA

           O 24 de febreiro está recollido oficialmente como "Día de Rosalía de Castro" pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura.

          O venres dia 22 de febreiro co gallo de conmemorar o 150 aniversario da publicación de "CANTARES GALLEGOS" de ROSALIA DE CASTRO teremos un acto conxunto no patio despois do recreo, na "Hora de Ler". 

          Recitaremos o poema "ALBORADA" e todos xuntos cantaremos o estribillo.

          Aquí vos deixo o poema  coa versión que fixo o vigués Carlos Núñez.