SEMANA DA PRENSA
Este ano a Semana da Prensa celebrouse do día 12 ao 16 de marzo. Durante esta semana pretendemos que o alumnado traballe coa prensa seleccionando diversas noticias nela:
- Manipulen xornais.
- Valoren a importancia da prensa como aporte de información.
- Iniciar nos alumnos/as o desenvolvemento dunha actitude crítica sobre a información.
- Mellorar a comprensión lectora, lendo titulares de prensa.
É moi importante traballar co alumnado as sete preguntas clave dunha noticia: que, cando, onde, por que, quen, como, con que medios ou axudas.
Na nosa Biblioteca dispoñemos de Bibliografía axeitada para traballar estes aspectos.