O Día do Libro tivo unha celebración especial para o alumnado de 1º de Primaria coa visita de Ramón D. Veiga, autor dun dos seus libros favoritos, a colección de Miñoca. Nesta ocasión compartiron con el diferentes actividades que achegaron aos nenos e nenas ás aventuras de Miñoca con debuxos, reflexións e conversa sobre este personaxe.