Este venres 25 de abril visitounos no centro a escritora Andrea García, do libro Animais fantásticos da granxa, que os quintos estiveron lendo neste trimestre.
Desfrutaron moito coa súa visita xa que lles trouxo unha actividade moi dinámica, onde tiñan que resolver unha mensaxe mediante un código segredo, no cal lles daba unha pista para o segundo libro. Ademais, ensinoulles como debuxar a galiña xefa.
Están moi agradecidos pola súa visita e o tempo adicado na firma dos libros.