viernes, 9 de mayo de 2025

Día do libro 2025

O alumnado do Lope celebrou o Día do Libro o pasado día 23 de abril cunha lectura colectiva por parte dos maiores  aos máis pequenos. Neste día tan sinalado compartiron o seu gusto pola lectura e os libros, con contos para tódalas idades que os fixeron vivir mil e unha aventuras, viaxando coa imaxinación. 

Tamén recibiron con moita ledicia a Lopiño, a nosa mascota.