viernes, 9 de mayo de 2025

Visita da escritora Andrea García

 Este venres 25 de abril visitounos no centro a escritora Andrea García, do libro Animais fantásticos da granxa, que os quintos estiveron lendo neste trimestre.

Desfrutaron moito coa súa visita xa que lles trouxo unha actividade moi dinámica, onde tiñan que resolver unha mensaxe mediante un código segredo, no cal lles daba unha pista para o segundo libro. Ademais, ensinoulles como debuxar a galiña xefa.

Están moi agradecidos pola súa visita e o tempo adicado na firma dos libros.


















Visita de Ramón D.Veiga, autor de Miñoca

 O Día do Libro tivo unha celebración especial para o alumnado de 1º de Primaria coa visita de Ramón D. Veiga, autor dun dos seus libros favoritos, a colección de Miñoca. Nesta ocasión compartiron con el diferentes actividades que achegaron aos nenos e nenas ás aventuras de Miñoca con debuxos, reflexións e conversa sobre este personaxe.





Día do libro 2025

O alumnado do Lope celebrou o Día do Libro o pasado día 23 de abril cunha lectura colectiva por parte dos maiores  aos máis pequenos. Neste día tan sinalado compartiron o seu gusto pola lectura e os libros, con contos para tódalas idades que os fixeron vivir mil e unha aventuras, viaxando coa imaxinación. 

Tamén recibiron con moita ledicia a Lopiño, a nosa mascota.






 

 

 

 

 

viernes, 25 de abril de 2025



Un ano máis temos unha das vosas citas preferidas cun libro.

Hoxe inaguramos a nosa IV EDICIÓN CITA A CEGAS...CUN LIBRO

Nesta ocasión teredes que descubrir o título dun libro e para iso contades coa axuda de CINCO PISTAS que irán aparecendo no recuncho que temos preparado...


As pistas rematarán o dia 5 de maio.

Ese dia colocaremos o buzón para que entreguedes as respostas ata o venres 9 de maio.

AS PISTAS XA ESTÁN DENDE HOXE !!!



martes, 22 de abril de 2025

 






Achégase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional edítase o cartel para conmemorar este día 23 de abril de 2025.




viernes, 24 de enero de 2025

NESTE FIN DE SEMANA...