martes, 27 de febrero de 2024

CONTACONTOS DO MES

 Oliver, Ian , Kerim e Brais leron


 "A montaña de libros mais alta do mundo

                                                                  de Rocío Bonilla



Lucas estaba convencido de que nacera para voar. Ollaba os avións, intentaba fabricar ás de todo tipo, mesmo pediu poder voar como agasallo de Nadal! Mais nada parecía funcionar... Un día, a súa nai explicoulle que había outros xeitos de cumprir o seu soño e púxolle un libro nas mans. Ese mesmo día, sen decatarse, Lucas comezou a voar...






Pedro,Roi ,Maruxa e Lucas contaron:   

                                                      "Pepita Sarmiento " 





Esta é a historia de Pepita que cada vez que saía de casa, levabaa o vento.Pro medo a que voara demasiado lonxe, a sua familia ideou os máis estranos inventos para tela cos pés na terra. Non obstante, iso  non sempre é unha boa idea...

É unha preciosa historia sobre á importancia de aceptar ás persoas tal e como son e de non deixarse influir polos demáis.