8 DE MARZO DIA DA MULLER
Sin igualdade de xénero hoxe, o futuro sostible e igualitario seguirá estando fora do noso alcance. A Axenda 2030 marca como un dos seus obxectivos: "Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas". As bibliotecas deben apoiar a igualdade de xéneros e ofrecer lugares e actividades de encontro e empoderamento.
Na biblioteca do cole, temos unha exposición onde poderedes atopar unha serie de contos que vos axudarán a comprender do que estamos a falar.
Os vosos compañeiros e compañeiras de 2º A lembran con moito agarimo esta historia que hoxe vos recomendan :
"DANIELA PIRATA"
Se queredes disfrutar da sua lectura ,atoparédelo na nosa biblioteca!!!