viernes, 18 de febrero de 2022

Semana da amizade en 4ºA

 O Día das Candeas ou Día da Candeloria celébrase o 2 de Febreiro. É o tempo no que casan os paxariños, dende esta data ata o 14 de febreiro, Día de San Valentín, o alumnado escribe cartas de amizade aos seus compañeiros.. 


 Foi moi emocionante descubrir canto cariño e amizade esconden estas cartas e os bos sentimentos que despertan no alumnado!!!  

Para dobrar as cartas de forma creativa visualizamos videos de papiroflexia, e o Día de San Valentín entréganse aos seus destinatarios, as cartas depositadas na caixa da aula.

Pódese ver algunhas fotografías premendo na seguinte imaxe.

Navega pola presentación interactiva e descobre máis sobre esta festividade e todas as actividades que realizamos a redor desta conmemoración!!!