jueves, 22 de abril de 2021

 


          Achégase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2021.





           Acudiuse a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso a profesora, tradutora e poeta, Elvira Ribeiro, quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas potencialidades da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación:

 




           Neste mes, e todo o ano,

 non agardemos a que os libros peten na nosa porta,
                  naveguemos por un mar de lecturas
                                        e deixémonos arrolar polas súas ondas.