GATO GUILLE E OS MONSTROS
Este álbum aborda un tema interesante e habitual nos nenos: o medo. Gato Guille é incapaz de quedar só xogando porque atérranlle os ruídos estraños: o aire que entra pola fiestra, a lavadora, o ascensor, a cisterna que pinga... Calquera son alleo convértese, na súa
imaxinación, nun monstro que pode atacalo. A súa reacción consiste en fuxir na procura da protección da nai. Mamá Gata é a súa única fonte de seguridade e, avanzando a historia, o lector comprobará que tamén é a única capaz
de disiparlle os temores. Porque acaba sendo a nai quen se alarme cos ruídos que previamente atemorizaran a Guille. Daquela o gatiño axudaralle a perder o medo tomándoa da man e dándolle unha explicación razoable a cada suceso.

FIZ, O COLECCIONISTA DE MEDOS
Unha historia para favorecer a expresión de sentimentos e tirar proveito de algo que, en principio, podería parecer unha limitación ou unha barreira para o día a día.
A BRUXA REGAÑADENTES
casa da bruxa, onde cheira a comida…Os contos e lendas sobre bruxas constitúen un repertorio vivo e abondoso, practicamente universal. Adoito, os cativos personifican os seus medos en personaxes malvados de aparencia humana. Porén, para gañaren confianza e superaren os temores, nada mellor que escoitaren contos en que os protagonistas triunfen sobre eses seres arrepiantes, produto da imaxinación.
SEGURO QUE O PASADES ...
DE MEDO !!