lunes, 27 de abril de 2020

SEMANA DO LIBRO NO LOPE !!

Empezamos unha nova semana ! Unha nova semana na que, en circunstancias normais, celebraríamos a semana do libro.

Aínda que este ano todo é distinto imos tratar de imitar na medida do posible a nosa celebración destes anos.

Asi que TRES, DOUS, UN... COMEZA  A :


" SEMANA DO LIBRO 2020 NO LOPE "

E empezamos a semana polo revés...


APADRIÑAMENTO VIRTUAL

O venres sería o día do apadriñamento. Actividade coa que rematabamos a semana dun xeito moi chulo e que disfrutabades un montón.

 Pois non imos quedarnos sen ela!





ATENCIÓN, ATENCIÓN...








Qué vos parece si este ano nos mandades unha foto vosa co voso libro favorito para que todos os vosos compañeiros e compañeiras collan ideas para estes días? Sería como un “apadriñamento virtual”.

Mandade as vosas fotos ao correo do cole ao longo de toda esta semana. Con todas elas faremos unha montaxe que poderedes ver a semana que ven no blogue.

ANIMÁDEVOS !! E moi sinxelo:

1º, FACEDES UNHA FOTO CO VOSO LIBRO

2º ENVIADES A FOTO AO CORREO DO COLE:

                          ceip.lopedevega@edu.xunta.gal



 e xa está ! 

TEMOS MOITAS GANAS DE VERVOS A TODOS E TODAS!