HECTOR CAJARAVILLE
Hoxe no cole tivemos unha visita moi especial, o autor HECTOR CAJARAVILLE estivo co alumnado de 5º de Primaria contando os principios da sua andadura como escritor, anécdotas da sua traxectoria e como non o proceso de elaboración dos personaxes e a trama da sua novela " KUSUMA ".
Kusuma é unha faisán femia procedente da remota selva de Kaltim, que se ve obrigada a marchar do lugar en que sempre viviu debido á acción destrutiva do ser humano. Co obxectivo de buscar un futuro mellor para ela e mais a rolada de pitiños que agarda, cruza medio mundo ata chegar a Galicia.Pero alí as cousas non van ser doadas: a desconfianza da maior parte dos animais da fraga en que se instala, o medo ao diferente e ao que vén de fóra, obrigará a Kusuma a demostrar o seu valor e o seu dereito a ser unha máis na terra de acollida.''Kusuma'' é unha historia de aventuras, de cooperación, de superación e de amizade; un exemplo de como os prexuízos con que ás veces nos enfrontamos ao descoñecido son o camiño máis enganoso e máis inxusto para tratar de entender o mundo.
Sabedes de onde ven o nome de Kusuma? Ten orixe indonés.Este foi o título elexido polo autor despois dunha longa búsqueda en Internet de nomes de mulleres dese país.Quedámonos coa incertidume de se haberá segunda parte. Continuará ?...Esperemos que sí, queremos saber o que lle pasará a certos personaxes!
Rematamos a xuntanza coa sinatura dos libros e debuxos feitos polo alumnado.






MOITAS GRAZAS por sentir esa ilusión, por crear historia e por transmitir diferentes emocións na sua lecturas.
Agardamos a tua próxima novela. Ata pronto!
Se queredes coñecer outras obras do autor premede aquí

