jueves, 5 de abril de 2018

Mulleres de conto en Pontevedra




          O tema da edición de 2018 é MULLERES DE CONTO e con ela preténdese render merecida homenaxe  ás mulleres que conforman o mundo da literatura infantil, desde os personaxes dos contos ata as autoras, editoras, ilustradoras, profesoras,    bibliotecarias... e, ao tempo, promover unha lectura crítica e reflexiva.

          México é o país invitado para esta edición  e haberá unha variada mostra da literatura infantil e xuvenil do país.

          O Salón do Libro terá lugar entre o 6 e o 29 de abril en Pontevedra.