Blogue da Biblioteca Escolar do CEIP Lope de Vega en Vigo. Aquí estamos para compartir con vós os nosos traballos, e irvos mostrando o que vaia sucedendo na nosa biblioteca.
lunes, 24 de abril de 2017
EN ABRIL LIBROS SEN FIN !!!!!!
Imos celebrar o Día do Libro como se merece. Aquí tendes unha serie de actividades que levaremos a cabo esta semana.
O luns 24 de abril APADRIÑAMOS !!! A maioría de vós xa coñecedes esta actividade e vos encanta, por iso repetimos un curso máis. Os alumnos e alumnas maiores " apadriñan " aos máis cativos contándolles contos. Os padriños e madriñas van buscar aos seus afillados/-as as súas clases. Non esquecervos de traer un conto!!!
O resto da semana, os CONTACONTOS !!! O alumnado de 1º e 2º de Primaria irán no tempo do Plan Lector a ler poesia e contos de GLORIA FUERTES , xa que este ano é o seu Centenario.
Tamén podedes participar na actividade "SE EU FORA LIBRO..." onde plasmaredes nun debuxo que libro seríades se puiderades ser un libro e con todos os debuxos faremos unha exposición na biblio.
Ahhhh.... e tamén elaboraremos un COMECONTOS!!!!!
Xa sabemos que sempre podemos contar ca vosa participación. Moitas grazas por estar aí !!!!!