Estivo con nos a escritora Ledicia Costas a presentarnos o seu libro "Escarlatina, a cociñeira defunta".
Anteriormente traballamos o libro facendo diferentes murais en torno ao personaxe, a historia, a autora...
Nerea, unha compañeira de sexto cóntanos ese dia:
UN DIA FANTÁSTICO CON LEDICIA COSTAS.
O outro día , veu ao meu cole Ledicia Costas, a autora do libro titulado “ Escarlatina , a cociñeira defunta” .
Empezou contándonos porque fixera daquela maneira o libro; e dixo que o fixo así , porque a ela de pequena gustáballe moito o mundo dos mortos e tamén cociñar.
Despois comezou a ronda das preguntas ; un neno ou unha nena , non me lembro , preguntoulle a Ledicia se ela metera ao gato dentro da lavadora ; ela rindo dixo que non metera o gato na lavadora pero a súa avoa sí , porque estaba collendo a roupa do cubo e non se decatou de que alí estaba o pobre gatiño tomando una boa sesta .
Logo díxonos que na páxina 97 do libro había un rap , entón díxolle a unha parte de sexto que dixera unha cousa e a outra parte que dixera o mesmo pero despois.
Vouvos dicir como é ese rap:
RAP DE AMANITO:
“ –Os esbirros do Amanito son funguiños do montón , uns defuntos aburridos que non mostran emocións. Amaniiito! Yeah , Yeah. Amaniiito! Yeah , Yeah. Estes fungos do Inframundo teñen cara de papóns , van vestidos coma presos , son defuntos do montón! Amaniiito! Yeah , Yeah. Amaniiito! Yeah , Yeah. ”
Bueno despois de todo isto firmounos o libro , en cada un escribiu unha dedicatoria ; na miña puxo :
“-Para Nerea o ollo talismán de Escarlatina.”
OPINIÓN PERSOAL:
Gustoume moito que viñera esta escritora porque foi moi simpática con nós e tamén gustoume facer o rap de Amanito , foi moi divertido.
NEREA . 6 *A
Aqui vos deixo un video coas instantáneas dese día.
