martes, 10 de mayo de 2016

Apadriñamento no Lope!


          Seguindo os pasos do ano pasado, e con motivo da celebración do Día do Libro, dende a biblioteca levamos a cabo distintas actividades para fomentar o gusto pola lectura e os libros.

          Unha destas actividades foi o apadriñamento. Os máis pequenos disfrutaron escoitando as historias dos seus padriños e madriñas.Os padriños e madriñas (alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º) foron ás aulas dos seus afillados e afilladas (infantil, 1º e 2º) e collidos da man saíron ao patio buscando un lugar especial para compartir esas lecturas que con tanto cariño prepararon.


          Que ledicia ver todos os recunchos do cole cheos de nenos e nenas con seus contos!!!