A nosa biblioteca empezou a repartir as mochilas viaxeiras. Empezamos cos cursos de 1º, 2º e 3º e logo tocoulle a 4º, 5º e 6º.Son 21 mochilas que viaxarán pola casas dende este mes ata o seu regreso á Biblio
en xuño. Estarán unha semana nos vosos fogares . As mochilas viaxeiras son un vínculo entre o alumnado, familias e a biblioteca, proporcionando a oportunidade de facer lecturas compartidas e conversas sobre os libros. Todas as aulas de Primaria contan cunha mochila que visitará as vosas casas!!!
Dentro das mochilas vai material diverso que pretende ser do agrado de todos os alumnos e as alumnas que decidiron participar nesta actividade: contos en castelán e galego, un cómic e un DVD.· Van acompañadas dunha "Carta ás familias" na que se explica o seu funcionamento e un listado do material.

Tamén leva a mochila un "caderno viaxeiro" para que cada un escriba ou debuxe algo relacionado co contido do material que leva, para que aporte suxerencias...
Agardamos que como en cursos anteriores, a mochila viaxeira sexa todo un éxito!!
FELICES LECTURAS VIAXEIRAS!!!!
