martes, 1 de abril de 2014

Día internacional do libro infantil

          O vindeiro 3 de abril conmemórase tal e como se vén facendo dende o ano 1967, o nacemento de HANS CHRISTIAN ANDERSEN.A IBBY declarou esta data DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, co fin de lembrar a importancia de ofrecer bos libros de calidade que sperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas.

          Cada ano, esta organización internacional encárgalle unha imaxe e un texto a autores de diferentes países. Nesta ocasión a autora do texto é a escritora e editora irlandesa SIOBHAN PARKINSON e a ilustradora é a irlandesa NIAMH SHARKEY.

            No seguinte enlace podedes ler o texto "CARTA AOS NENOS DO MUNDO"