viernes, 18 de octubre de 2013

AS MOCHILAS VIAXEIRAS DE 6º


 
          A mochila viaxeira permite á biblioteca escolar o contacto coas familias nunha actividade que pretende a súa colaboración na formación dos lectores e lectoras máis novos.

            A mochila é o soporte que permitirá aos rapaces e rapazas levar á súa casa, en préstamo temporal, uns materiais que reforcen o vínculo entre familia e escola no seu labor común para a formación dos lectores.

          Un curso máis as mochilas viaxeiras percorrerán as vosas casas e permanecerán dez dias  nos vosos fogares para que difrutedes cos libros e material audiovisual incluídos nelas.

    






DISFRUTADE EN FAMILIA DO MATERIAL QUE SE VOS EMPRESTA E XA NOS CONTAREDES!!!