Así é como nos contan os rapaces de 5º C a visita.
VEU FRANCISCO CASTRO AO COLEXIO!!!!!!!!
Días antes preparando a súa visita.Estivemos moi atarefados facendo carteis,retratos,presentacións,entrevistas...Quedáronnos xenial
O luns 17 ás dez baixamos todos os compañeiros e compañeiras de 5º cos nosos libriños de "CHAMÁDEME SIMBAD" todos ilusionados pero...que nervos!!!
A sua conversa foi moi amena.Contounos que esperta ás catro e media da madrugada para escribir porque para él é a mellor hora xa que todo o mundo está a durmir e ninguén e quen de molestar.Tamén nos contou que ten a manía de escribir descalzo.
FIXONOS RIR! Dixo que non era tan guapo como Johnny Deep pero que lle gostaban os piratas non porque non se lavaran os dentes senón porque eran uns románticos:loitaban para chegar ao xusto.FIXONOS EMOCIONAR! Escribiu esta historia coa intención de sensibilizar ao mundo coa enfermidade de Alzheimer que padece a súa nai, e de explicar esta enfermidade a xente nova; e entre risas transmitiunos que é unha enfermidade moi dura.
Para rematar, despois de facernos pasar a todos un rato tan agradable, asinou os nosos libros e os debuxos .
Cremos que é unha bágoa moi grande que non nos poidese obsequiar cun ratiño máis do seu tempo.






Grazas Francisco por vir e facernos sentir! Encantóunos a túa visita!
Se queredes saber máis sobre FRANCISCO CASTRO, esta é a dirección do seu blogue:






