No 1º ciclo, lemos dous clásicos.
En Primeiro lemos "HOORAY FOR FISH" e ademáis de contalo e disfrutalo, fixemos un minibook que coloreamos e logo levamos a casa.
En Segundo curso, traballamos o clásico "COUNTRY MOUSE, TOWN MOUSE".Ademáis de ler o conto, vimos o video e posteriormente fixemos actividades relacionadas coa historia.
No 2º ciclo tamén disfrutamos da lectura en inglés. En Terceiro lemos "THE SELFISH GIANT" un conto que xa coñeciamos en galego pero que agora tamén sabemos contar en inglés.
En Cuarto tamén lemos unha versión un pouco máis elaborada de "The selfish giant" pero tamén tivemos tempo para ler e representar o comic "OFF TO SCHOOL" Este é o video que fixemos
No Terceiro ciclo tamén adicamos a semana a diferentes actividades relacionadas co "Día do libro".
En Quinto, despois da lectura dunha historieta sobre unha nena chamada Martina, cada un fixo un minibook dándolle cor as imaxes, creando unha portada cun título e inventándonos un final.
En Sexto,despois da lectura do libro sobre a vida de Shakespeare que podedes atopar na biblioteca do cole, e de ver un powerpoint sobre este autor, cada alumno aportou fotos e datos sobre Shakespeare.Para rematar todo o alumnado fixemos un resumo da súa vida, que podedes ver neste video


