Os rapaces de 5º achegan novas sobre a visita de
FINA CASALDERREY
Limos un libro da autora .O libro titulase "O MISTERIO DO FARO VELLO".Da súa portada fixemos este mural que logo con moito agarimo Fina adicou.
Entre todos os compañeiros distribuimos o traballo, uns fixemos carteis e murais
Outros,fixemos traballos de recopilación sobre a autora e o libro
Fina
fixo as ledicias de todas as persoas que estabamos con ela,nenas,nenos,profes.Contounos contos , falou sobre as súas
experiencias ,contounos moitas anécdotas,con ela rimos e tamén nos
emocionamos.
Fixémoslle moitas preguntas e as súas respostas foron moi interesantes.Regalámoslle un libro coas nosas opinións. Finalmente firmou os distintos exemplares dos seus libros e tamén adicou os carteis e murais.
Pasámolo moi ben.A pena foi que o tempo chegou a pouco!!!!!!
Grazas Fina por compartir con nós as túas experiencias e o teu tempo!!!
Tendes información sobre FINA CASALDERREY na súa páxina web:
http://fina.casalderrey.com/












