martes, 2 de abril de 2013

Dia internacional do libro infantil


Hoxe é un día especial para todos nós ,para todos os lectores,hoxe celébrase O DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Dende 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL con fin de promocionar os bos libros infantis e xuvenis e a lectura entre os máis novos.
 Cada ano,esta organización internacional encárgalle unha imaxe e un texto a autores de diferentes países.Nesta ocasión, a autora do texto é a mexicana
PAT MORA e o ilustrador do cartel é o estadounidense ASHLEY BRYAN.
 Se queres saber algo máis sobre Andersen,da un "clic" na imaxe.