jueves, 24 de enero de 2013

Fina Casalderrey elexida membro da Real Academia Galega

A nova académica da Real Academia Galega é a quinta muller en contar cunha cadeira no organismo académico xunto con Xohana Torres, Luz Pozo Garza, Rosario Álvarez e Margarita Ledo.

 Desde a institución destacan a súa traxectoria adicada ao ensino no ámbito rural e urbano como un aspecto "trascendente" para o desenvolvemento da literatura galega.

Fina Casalderrey Fraga  é autora dunha vasta obra, sobre todo no eido da literatura infantil e xuvenil . Parte da sua obra   foi traducida a varios idiomas.
 Da súa extensa bibliografía destacan  títulos como:
  • Mutacións xenéticas, 
  • Dúas bágoas por Máquina, Premio Merlín.
  • A noite dos coroides
  • Chamizo
  • ¡Asústate, Merche!
  • O misterio dos fillos de lúa, . Premio Nacional de literatura infantil y juvenil. Premio O Barco de Vapor.
  • O estanque dos parrulos pobres. Premio Edebé de Literatura Infantil y Juvenil.
  • ¡Prohibido cazar, papá!
  • Ás de mosca para Anxo 
  • A filla das ondas
  • Bicos de prata
  • Cando a Terra esqueceu xirar
  • ¡Un can no piso! ¿E que?
  • Eu son eu
  • O meu avó é unha gata
  • Un misterio na mochila de Alba
  • ¿Quen me quere adoptar?
  • Isha, nacida do corazón