sábado, 12 de mayo de 2012

DIA DO LIBRO

Este ano para celebrar "O DIA DO LIBRO" e a inaguración da nosa nova biblioteca levamos a cabo diversas actividades ao longo de todo o mes de abril.Ah! Tamén aproveitamos para presentar a nosa mascota!  


    



O equipo da biblioteca propuxo a cada titor/-a  a elección do libro de lectura favorito da sua aula, e con isto facer unha portada, mural...na que aparecera o título dese libro. Todos estes traballos foron expostos nun mural na entrada da biblioteca. Para chegar a esta exposición, de cada unha das aulas saían pegadas de pes que nos conducían ata a entrada da biblioteca.


TODOS OS TRABALLOS FORON FANTÁSTICOS!


GRAZAS POR COLABORAR!

Despois, para dar a coñecer aos nosos alumnos a figura do escritor que da nome ao noso cole, LOPE DE VEGA , o equipo da biblioteca fixo un mural con pequenas pinceladas da sua vida e obra.




Lope di:


   "Nacín en Madrid en 1562" .


   "Dende neno tiven moita facilidade para facer versos e rimas". 


   "Fun un entusiasta da esgrima, da música e da danza"  .


   "Escribín moitas comedias".


   "As miñas obras seguen representándose na actualidade".  


  "Son un escritor do "Siglo de Oro" español".


   "Fun chamado "Fénix dos inxenios "por Miguel de Cervantes.


   "Finei en Madrid en 1635".

         


  



Por último dende o luns 23 ata o venres 27 de abril, todo o alumnado do colexio asistiu a unha sesión de contacontos e un grande número de rapaces participou no seu relato.                                                     
 Tivemos unha ampla variedade! Houbo dende contos clásicos e fábulas ata libros de máis actualidade.
E incluso unha sección de contos creados polos propios alumnos e alumnas!

Elaboramos un pequeno video para que vexades os títulos de todas as historias que nos contaron.



                             


Se queredes ver imaxes,click neste enlace:                                      

                                         http://cursobibliotecasb.blogspot.com.es/p/fotos-dia-libro.html

FOI UNHA SEMANA MOOOOOOOOOOOOOOOOOOI  DIVERTIDA!