sábado, 25 de febrero de 2012

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

     
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria contempla, dentro do Calendario do Libro e da Lectura para o ano 2012, a data do 24 de febreiro como DÍA DE ROSALÍA, co gallo da conmemoración do nacemento da poeta. Nesta ocasión cúmprense 175 anos e á programación de actividades da FUNDACIÓN ROSALÍA, súmase nesta ocasión a proposta da AELG (Asocación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), cunha proposta ben fermosa: que agasallemos aos nosos seres queridos cun libro galego e unha flor, como unha forma festiva de lembrar a importancia da lingua (o 21 de febreiro celebrábase a instancias da UNESCO o Día Internacional da Lingua Materna), e homenaxear a esta escritora fundamental das nosas Letras.