domingo, 6 de noviembre de 2011

DIÁ DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Achégase o mes de outubro e as bibliotecas escolares están xa inmersas en proxectos e actividades. Por moi escuro que sexa o futuro, sen dúbida está aí, chamando á porta, e as bibliotecas han estar preparadas e adiantarse un paso, sen deixar de soñar.
Para celebrarmos o Día da biblioteca (24 de outubro), o mes da biblioteca escolar (segundo convocatoria da IASL), un curso máis, a Consellería de Educación edita un cartaz cunha imaxe dun autor galego. Nesta ocasión, Emma Ríos, ilustradora do mundo do cómic, interpreta o lema proposto, Biblioteca escolar, última xeración, e ofrécenos unha visión alegre e cómplice do que son e poden ser as bibliotecas escolares: lugares de encontro e de convivencia, espazos de aprendizaxe e de contacto gozoso coa cultura escrita; integración dos distintos soportes e formatos que albergan a información e os contidos culturais, oportunidades para soñar e imaxinar; apoio para a adquisición de competencias básicas e construción de coñecementos de calquera tipo; escolas de cidadanía.


                                              








                                         
" ONDE HAI UNHA BIBLIOTECA HAI UNHA LUZ "

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ





                                                  

                                                             
      Este video amosa unha Biblioteca, algo diferente ao que estamos acostumados, non deixedes de vela porque ela sinte un verdadeiro amor polos libros.

      Para conmemorar o día das Bibliotecas Escolares o alumnado de 5º e 6º de primaria prepararon: contos tradicionais e inventados, lecturas e pequenas dramatizacións.

      Todo o alumnado mestres disfrutaron con esta actividade que repetirán máis veces ao longo do curso.
     
      Grazas a todo o alumnado por  participar  con tanta  ilusión e esforzo.

Menuda pandilla de parvas

El rey león









 
Monstruos divertidos

El coco que se lleva a los niños que...

                                            



La niña de los contrarios